“Camiño á Empregabilidade” programa formativo de mellora da empregabilidade

Na Fundación Ronsel somos moi conscientes e preocúpanos enormemente o desemprego xuvenil.

Para loitar contra esta situación colaboraremos nun novo programa da Xunta de Galicia e a Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo centrado en mellorar a empregabilidade das persoas menores de 30 anos.

Ferramentas para una contorna laboral integradora

Para logralo utilizarase unha metodoloxía de blended learning ou aprendizaxe mixto, un modelo educativo que trata de combinar o ensino presencial coa aprendizaxe remota baseada no uso da tecnoloxía.

O longo do programa levarase a cabo unha evolución progresiva dos contidos, con actividades transversais que serán aplicadas a todos os inscritos mesturadas con outras máis concretas nas que se traballará en grupos reducidos.

Outra das ferramentas clave de Camiño á Empregabilidade será o mentoring experiencial. Os participantes contarán coa figura dun mentor ou mentora do que recibirán apoio, transferencia de coñecementos, confianza, contactos, competencias e habilidades, aconsellando sen impoñer e mantendo unha relación de respecto de igual a igual.

Existe un forte paralelismo entre o Camiño de Santiago e a vida, sobre todo a laboral, é por ese motivo que o longo do programa faremos unha etapa do Camiño onde se fomentará o traballo en equipo, o movemento, a actitude proactiva e a consecución de obxectivos.

Se tes menos de 30 anos, vives en Galicia, estás desempregado e queres participar neste programa, podes inscribirte na seguinte ligazón:

Camiño á Empregabilidade

Deixa un comentario