EQUAL Leadership. Fundación Ronsel participa nun proxecto europeo de igualdade de xénero

Aínda que o longo dos últimos anos, na meirande parte dos países da UE, se teña producido un incremento da representación feminina tanto en cargos políticos coma en postos de dirección en organizacións públicas e privadas, a realidade é que as mulleres seguen a estar infrarrepresentadas e moi lonxe de acadar os ODS en materia de igualdade.

Tendo en conta esta situación, a Fundación Ronsel xunto con outras 5 entidades procedentes de 5 países diferentes da UE puxemos en marcha “EQUAL Leadership Programme. A Drone to Promote Equality on Political and Economic Decision Making (ProPEGE)” un proxecto europeo que forma parte do programa “Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valoresfinanciado pola Unión Europea e que ten coma obxectivo definir novas estratexias e ferramentas que favorezan a igualdade nos postos de liderado.

Entidades participantes

  • CEPCEP – Universidade Católica Portuguesa (Portugal).
  • Fundación Gaudete (Polonia).
  • Universidade de Letonia (Letonia).
  • FORLILPSI – Universidade de Florencia (Italia).
  • Ordem dos Psicólogos Portugueses (Portugal).
  • Fundación Ronsel (España).

Encontro internacional en A Coruña

Os días 13 e 14 de novembro, representantes das entidades participantes en EQUAL Leadership Programme reunímonos na nosa oficina de A Coruña para poñer en común os progresos acadados e decidir as accións a desenrolar o longo dos próximos 12 meses.

Este encontro sirveu ademáis para poñer en contacto os participantes con diferentes asociacións empresariais galegas lideradas por mulleres con quenes puidemos poñer en común coñecementos e experiencias.

Coma colofón, fomos recibidos no Concello de A Coruña por Yoya Neira Fernández, Concelleira da Área de Benestar Social a quen puidemos presentar o programa e os obxectivos a acadar a medio prazo.

Deixa un comentario