Servizos
Orientación laboral
Queremos mellorar a capacidade de inserción de persoas desempregadas. Para logralo, informamos aos demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecémoslles un conxunto de ofertas formativas e fomentamos a búsqueda activa de emprego
Intermediación
Axudamos aos traballadores a mellorar a calidade da súa inserción laboral e aos empresarios a atopar aos empregados co perfil máis acaído coa maior celeridade e eficacia posible. Tamén damos información sobre as diferentes modalidades de contrato, de medidas de fomento do emprego e da súa tramitación.
Formación ocupacional
Fomentamos a mellora da cualificación profesional e a capacidade de inserción das persoas desempregadas a través da aprendizaxe de distintas competencias, favorecendo o desenrolo profesional, mellorando a empregabilidade e incrementando a produtividade de xeito que se favoreza unha acaída intergración no mercado laboral.
Creación de empresas e emprendemento
Damos asesoramento a emprendedores sobre o proceso de elaboración do seu plan de empresa, así como sobre outras cuestións e dúbidas habituais no proceso de posta en marcha da empresa, tales como axudas e subvencións, trámites administrativos, etc