
Que facemos?
Orientación laboral
Queremos mellorar a capacidade de inserción de persoas desempretadas. Oferta, fomento e búsqueda activa.
Intermediación
Axudamos aos traballadores a mellorar a calidade da súa inserción laboral e aos empresaros a atopar aos seus empregados.
Formación ocupacional
Fomentamos a mellora da cualificación profesional e a capacidade de inserción das persoas desempregadas a través do aprendizaxe de distintas competencias.
Emprendimiento
Prestamos asesoramento a emprendedores sobre o proceso de elaboración do seu plan de empresa, así como sobre outras cuestións.
Que opinan de nós?
Cando decidín cambiar de rumbo a miña vida profesional sabía perfectamente o que quería, o único era que non estaba sabendo cómo chegar ó meu camiño, andaba perdida facendo esforzos que non me procuraban resultado algún. Ronsel deume a orientación que precisaba para acadar meu camiño, cómo conseguir a acreditación que precisaba, a que institucións dirixirme, cómo recoñecer as miñas competencias e publicalas no meu linkedin (aquí a miña constancia causou estragos...)
Que é o que máis valoro de Ronsel? O tipo de sociedade que constrúe ó seu redor, na que a colaboración é un dos valores claves, frente a competitividade da que viña fuxindo.
Por suposto recomendaría á Fundación Ronsel. Principalmente porque sodes eficientes e penso que eso é o que máis precisan as persoas que andan a buscar...

Unha vez rematada a carreira recibín asesoramento en orientación laboral e máis adiante no meu proxecto empresarial. Do mesmo xeito asistín a diversos programas formativos nas instalacións da Fundación, fun seleccionado para participar no programa YBS e colaborei como voluntario contando a miña experiencia emprendedora en varias das vosas xornadas e iniciativas.
O que máis valoro é trato extremadamente profesional á vez que cercano recibido e a implicación personal en tódalas situacións nas que solicitei a vosa axuda. ncluíndome no programa YBS e invitándome a participar nas vosas xornadas, tanto como asistente como contando a miña experiencia, o que me axudou moito.

Logo dunha serie de experiencias profesionais en diferentes sectores, destacando o meu propio: a informática, plantexeime establecrme pola miña conta. As cuestións son moitísimas e as dúbidas aínda máis. Así atopeime con Ronsel, algo que podo dicir que é do máis positivo que me ten pasado nos últimos meses. A súa axuda e consello foi fundamental para aprender e comprender moitas das claves do proxecto que estou levando adiante.
O que máis valoro é a súa profesionalidade e cercanía. A súa dispoñibilidade para axudar sempre. Unha experiencia excelente.

Ronsel deume a oportunidade de poder devolver á sociedade, como mentor e coach, unha parte que ela me deu previamente.
A miña experiencia en Ronsel é moi gratificante. Tiven a oportunidade de ver as diferentes perspectivas que me axudan a medrar tanto como persona como profesional.
Ronsel é un fito na sociedade actual porque está aí presente onde máis se precisa. Gracias a ela moitas personas evitan a exclusión social.

Actualidade

Entrega dos XIII Premios MOCE promovidos pola Fundación Ronsel, Xunta de Galicia e BBVA
Un ano máis, celebramos a entrega dos Premios MOCE cos que desde a Fundación Ronsel e co apoio da Consellería

Fundación Ronsel, embaixadores da GEW 2022
Recentemente fomos nomeados embaixadores da Global Entrepreneurship Week 2022 en España (GEW 2022) adquirindo deste xeito o compromiso de promover

Fernando Soto, Mentor do Ano de Youth Business Spain
Fernando Soto, mentor habitual nos nosos programas de mentoring para autónomos e emprendedores acaba de ser nomeado, entre máis de