Programa MERLO, mentoring para emprendedores retornados

Desde a Fundación Ronsel queremos apoiar e acompañar as personas migrantes no desenvolvemento e consolidación dos seus negocios ou actividades profesionais favorecendo a súa integración social e empresarial en Galicia.

Con este obxectivo presentamos o Programa MERLO, promovido pola Fundación Ronsel e financiado pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia a través do cal as persoas migrantes contarán con asesoramento de mentores que lles axudarán a consolidar os seus proxectos.

A través deste programa esperamos favorecer a inclusión social, o aproveitamento e posta en valor das oportunidades que ofrece a nosa comunidade autónoma os migrantes de todas as procedencias.

Mentores para emprendedores migrantes

Os participantes no Programa MERLO recibirán asesoramento experto nas áreas de nogocio que máis o precisen entre as que se podería salientar: estratexia e planificación empresarial, administración e finanzas, área xurídico-legal, tecnoloxía, informática, operacións e produción, recursos humáns, comunicación, marketing ou xestión das vendas.

Este asesoramento basearase na metodoloxía do mentoring experiencial na que a Fundación Ronsel foi pioneira e é referente en Galicia, media a cal os mentores e mentoras transferirán os seus coñecementos e experiencia os participantes contribuíndo o seu crecemento persoal e profesional pero sin intervir na toma de decisións.

Requisitos de participación e inscricións

O perfil dos beneficiarios do Programa MERLO son persoas migrantes retornadas a Galicia que procedan doutros países, que no momento da inscrición residan e desenrolen unha actividade profesional ou teñan un negocio en funcionamento nesta comunidade autónoma e que non foran beneficiarias deste programa na edición anterior.

Acabamos de lanzar unha nova convocatoria deste programa do que se ofrecen 90 prazas que se outorgarán por estrito orde de inscrición as persoas que cumplan cas condicións de participación.

As inscricións estarán abertas desde o 9 de marzo ata o 13 de abril e realizaranse a través da seguinte páxina web:

www.programamerlo.gal

Para resolver calquera dúbida ou ofrecer máis información poñemos a vosa disposción o correo:

merlo@fundacionronsel.org

Deixa un comentario