YBS Social Tech Lab e capacitación Neo Skills

YBS Social Tech Lab é un proxecto posto en marcha por Youth Business Spain en colaboración ca súa rede de entidades colaboradoras, das que a Fundación Ronsel é o seu socio en exclusiva para Galicia desde 2016.

O obxectivo deste programa é o deseño e implementación dun plan de transformación dixital que abrangue o uso ferramentas tecnolóxicas disruptivas e innovadoras aplicadas os itinerarios de autoemprego e emprendemento que mellorarán a eficacia e a eficiencia das organizacións que traballan acompañando as persoas que queren por en marcha ou consolidar os seus propios negocios.

Coma parte deste programa, a equipa da Fundación Ronsel participou na capacitación Neo Skills, unha formación que inclúe o uso dun simulador de realidade virtual co que adestrar as diferentes competencias e capacidades precisas a hora de lanza ou desenrolar un proxecto de autoemprego.

Formar parte de YBS Social Tech Lab e participar en actividades coma esta axúdanos a:

  • Aumentar o noso impacto social e posicionarnos coma unha entidade de vangarda que fai un uso intelixente e responsable das novas tecnoloxías.
  • Enriquecer os nosos servizos de apoio a autónomos e emprendedores cá aplicación de ferramentas emerxentes.
  • Potenciar as competencias dixitais dos técnicos/as de emprendemento da nosa entidade.
  • Apoiar a emprendedores sociais para acadar os seus obxectivos facendo máis sinxelo o acceso a ferramentas innovadoras axeitadas ós novos entornos e realidades.

Deixa un comentario