VET CARE é un proxecto internacional que ten coma obxectivo aportar solucións prácticas e de utilidade en termos de cualificación para o mercado laboral no sector dos servizos de coidados de longa duración contribuíndo deste xeito a integración e inclusión social das persoas migrantes, colectivo que representa a meirande forza de traballo do sector na UE.
Outro dos obxectivos xerais deste proxecto é a transferencia de coñecementos a diferentes niveis entre todas as partes implicadas, facilitando a implementación dunha lóxica de cooperación e asociación tanto nacional coma internacional no sector.
Obxectivos específicos
- Identificar boas prácticas desenvoltas a nivel europeo en termos de formación formal e informal no sector dos servizos asistenciais.
- Mellorar o coñecemento e a comprensión da realidade das persoas migrantes adicadas o sector dos coidados e as súas necesidades de formación e cualificación.
- Contribuir o fortalecemento das capacidades e habilidades dos prestadores de servizos de atención a persoas migrantes poñendo o foco na integración social dos colectivos vulnerables.
- Fomentar a cooperación entre todos os axentes do sector dos servizos asitenciais o que permitirá crear bolsas de emprego que den resposta as necesidades reais do mercado laboral a nivel europeo.
Entidades participantes
A entidade promotora de VET CARE é CECOA – Centro de Formação Profissional para o Comércio e Afins (Portugal) que desenvolverá o proxecto en colaboración con Associazione FORMA.Azione SRL (Italia), IDEC – AINTEK SYMVOULOI EPICHEIRISEON EFARMOGES YPSILIS TECHNOLOGIAS EKPAIDEFSI ANONYMI ETAIREIA (Grecia) e a Fundación Ronsel (España).
Resultados esperados
- Definir boas prácticas en materia de formación formal e informal nos servizos asistenciais a nivel europeo.
- Elaborar un curso de e-learning e materiais didácticos que den resposta as demandas actuais do sector.
- Desenvolver ferramentas formativas sobre o traballo no sector dos coidadados de longa duración.
- Identificar boas prácticas en materia de intercambios formais e informais de traballadores adicados os coidados a nivel local, rexional, nacional e comunitario.
- Propor un modelo piloto de subvencións dirixidas a traballadores do sector asistencial na UE.
Resultados obtidos
- Boas prácticas desenvoltas a nivel europeo en materia de formación formal e informal nos servizos de atención.
- Curso e materiais didácticos de e-learning para satisfacer as necesidades actuais do sector.
- Toolkit de formación para formadores ou tutores.
- Boas prácticas desenvoltas a nivel europeo en relación cos grupos de traballadores do sector dos coidados a nivel local, rexional e/ou nacional.
- Proposta dun modelo piloto de subvencións para traballadores do sector da atención sociosanitaria en Europa.
- Seminarios VET CARE (2023-2025).
O proxecto VET CARE, que comenzou en decembro do 2023 e rematou en novembro do 2025, estivo cofinanciado polo Programa Erasmus + da UE e encádrase dentro da acción clave 2: asociacións para a cooperación en educación e formación profesional.


