Nova edición do Programa de Mentoring para Autónomos

Tras a excelente valoración e os resultados obtidos co Proxecto Piloto de Mentoring para Profesionais Autónomos, presentamos unha nova edición deste programa en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2021

Este programa está destinado a que 200 profesionais autónomos de Galicia consoliden os seus negocios facilitando a autosuficiencia dos mesmos, aportando maior solidez o proxecto empresarial e coma complemento a outros plans de rescate activados polo Goberno o longo dos últimos meses.

Os obxectivos prioritarios do programa son os seguintes:

  • Disminuir os riscos das persoas autónomas na súa actividade profesional.
  • Acompañar os autónomos e autónomas na consolidación dos seus negocios.
  • Contribuir, mediante melloras na área de xestión, o incremento dos seus contactos profesionais e a súa actividade económica.

Coma na anterior edición, darase prioridade a aqueles profesionais cunha antigüidade mínima de 42 meses de actividade xa que contan cunha base que favorece un maior aproveitamento dos coñecementos que lles poidan aportar os mentores.

Para acadalo utilizarase a metodoloxía do mentoring experiencial na que Fundación Ronsel somos pioneiros e referentes en Galicia xa que a vimos desenvolvendo o longo dos últimos anos coa rede de Youth Business Spain da que somos socios en exclusiva para Galicia desde 2015.

Esta ferramenta é altamente flexible, permite adaptar os ensinos a realidade de cada autónomo e baseáse nun proceso de confianza mutua entre mentor e beneficiario, onde a experiencia do primeiro pode chegar a ser un factor diferencial para maximizar o rendemento do servizo que ofrece o segundo.

Melloras e novidades

Como melloras respecto da primeira edición, incrementarase o número de mentores con perfiles en marketing dixital, vendas e comercio electrónico a vez que se porá en valor a importancia da transformación dixital.

Outorgaráselle unha grande importancia os contactos profesionais e as posibilidades de xeración de negocio entre as persoas participantes no proxecto.

Nesta ocasión, a duración das relacións de mentoring prolongarase ata un mínimo de 7 meses para que autónomos e mentores poidan programar con máis tempo as reunións e avanzar nos obxectivos propostos en cada unha delas.

Se estás interesado en formar parte desta nova edición, atoparás toda a información e poderás cursar a túa inscripción na seguinte web:

Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2021

Deixa un comentario