Quen somos?
Séguenos no noso Facebook e accede ás múltiples galerías de diferentes actividades.
Información de emprendemento, fomento do emprego e inserción sociolaboral.
Youtube
O contido audiovisual poderás atopalo na nosa canle de Youtube. ¡Non o perdas!
O noso camiño de acompañar a emprededores comprometidos
Traballamos para facilitar a empregabilidade, o emprendemento e o autoemprego
A nosa historia
A Fundación Ronsel é unha entidade benéfico-docente, inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego baixo o Protectorado da Xunta de Galicia. Tamén está inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais na Comunidade Autónoma de Galicia.
Nace no ano 2000 co obxectivo de facilitar a ocupabilidade dos máis necesitados e mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego.
Dispón de catro áreas funcionais de traballo: orientación laboral, intermediación, formación ocupacional e asesoramento para a creación de empresas-autoemprego.
No seu plan de actividades, cofinancia proxectos de inserción sociolaboral coa Xunta de Galicia, coa Excma. Deputación de A Coruña e co Concello da Coruña.
Como proxecto destacado na actividade da Fundación Ronsel, podemos subliñar o MOCE, un programa dirixido a formentar o espírito emprendedor e que anualmente realizar unha convocatoria de premios.
Conforma unha rede de traballo con outras entidades colaboradoras tais como AJE A Coruña, Rede Eusumo e EAPN Galicia.
Fundación Ronsel forma parte do Pacto Local polo Emprego da Coruña e a Fundación Youth Business Spain.
Misión, visión e valores
- Misión: Facilitamos a igualdade de oportunidades no entorno sociolaboral no que desenvolve a súas actividades. Conseguimos unha inserción social plena mellorando a empregabilidade de todas as persoas, independentemente da súa situación e condicionantes persoais, con especial incidencia ante os colectivos en risco de exclusión, cunha especialización dirixida os mozos, as mulleres, a poboación inmigrante e as persoas en situación de desemprego de longa duración.
- Visión: A defensa do emprego, sexa por conta allea o por conta propia, como plataforma de integración social para conseguir unha sociedade máis igualitaria.
- Valores: O traballo en rede e liderazgo compartido como forma de organización social que nos permite potenciar os nosos recursos e contribúe a mellora na prestación dos servicios, o que repercute directamente nas persoas que se benefician das actividades que promove, e indirectamente nos seus traballadores, socios, colaboradores, financiadores y patrocinadores.