Actualidade · Inserta Empleo e a Fundación Ronsel únense para fomentar o emprendemento entre as persoas con discapacidade

Beatriz Gallego de Inserta Empleo y Luis García Deber de Fundación Ronsel firmando un convenio de colaboración

Inserta Empleo e a Fundación Ronsel únense para fomentar o emprendemento entre as persoas con discapacidade

A directora rexional de Inserta Empleo en Galicia, Beatriz Gallego, e o noso director, Luis García Deber, acaban de asinar un convenio para fomentar o emprendemento entre as persoas con discapacidade coma medio para acadar a súa inclusión sociolaboral.

Segundo explicou Beatriz Gallego, a colaboración entre as dúas entidades “vainos permitir seguir sumando sinxerxias e coñecementos para que as persoas con discapacidade contemplen o emprendemento coma unha vía posible de integrarse no mercado laboral de xeito exitoso“.

Pola súa banda, Luis García Deber comentou que “esta colaboración coa Fundación ONCE reforza o noso compromiso co autoemprego inclusivo en Galicia e permítenos contar cun aliado estratéxico que achegará coñecemento e apoio no acompañamento a persoas con discapacidade“.

Ambalasdúas entidades comprometémonos a impulsar o espírito emprendedor mediante actuacións de sensibilización, difusión e información conxuntas aproveitando os recursos que se ofrecen, entre outros o programa de emprendemento “Por Talento Emprende” da Fundación ONCE e Inserta Empleo.

Asemade, este acordo contempla a organización de encontros conxuntos (xornadas, seminarios, etc) para dar as persoas emprendedoras con discapacidade a oportunidade de mellorar as súas competencias e cualificación, así como a participación de aquelas persoas con discapacidade usuarias da Fundación Ronsel que queiran ofrecer a súa testemuña en eventos organizados por Inserta Empleo, en calidade de exemplo de boas prácticas.

En definitiva, este convenio fomentará, a través das actividades propostas e das actividades que se podan impulsar conxuntamente, a creación dunha contorna favorable de apoio as novas iniciativas empresariais promovidas por personas con discapacidade.

Neste sentido, Inserta Empleo e a Fundación Ronsel traballarán que podan contar coas mellores condicións para ser viables e sostibles mediante formación, mentoría, identificación de oportunidades de negocio en función das tendencias económicas e a mellora das axudas públicas entre outras accións.

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas

Galicia Camiño Emprendedor 2025

A Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Ronsel, pomos en marcha una nova edición do programa Galicia Camiño Emprendedor, mentoría para persoas emprendedoras no Camiño de Santiago. Este programa que vimos desenvolvendo desde 2017 y

Ler máis