Actualidade · Fundación Ronsel, embaixadores da GEW 2022

Fundación Ronsel Embajadores de la Global Entrepreneurship Week 2022 (GEW Spain 2022)

Fundación Ronsel, embaixadores da GEW 2022

Recentemente fomos nomeados embaixadores da Global Entrepreneurship Week 2022 en España (GEW 2022) adquirindo deste xeito o compromiso de promover e dinamizar o emprendemento en Galicia e desde Galicia.

Para logralo participaremos na organización de diversos eventos cos que facilitaremos a conexión entre emprendedores axudándoos a establecer alianzas e a contactar con outras persoas e entidades tanto de ámbito nacional coma internacional.

¿Qué é a Global Entrepreneurship Week?

A GEW é un evento internacional que este ano terá lugar entre os días 14 e 20 de novembro e que desde fai 15 anos reúne a máis de 200 países co obxectivo de inspirar e empoderar os seus cidadáns animándoos a emprender poñendo a innovación e as boas ideas o servizo de todos.

En definitiva, quere crear un ecosistema de emprendemento global que conecte a emprendedores, inversores, investigadores e responsables políticos arredor dos seguintes valores:

  • Fomento do espírito emprendedor.
  • Promoción da igualdade de oportunidades para emprender.
  • Conexión entre ecosistemas de emprendemento.

A GEW en España

En España a GEW está impulsada por Autoocupació, unha entidade privada sen ánimo de lucro que ofrece servizos de apoio a emprendedores e que coma nós pertence a rede de entidades membros de Youth Business Spain.

A edición do 2021 da GEW en España supuxo un rotundo éxito do que cabe destacar os seguintes fitos:

  • 504 actividades realizadas.
  • Presenza en 29 provincias.
  • 125 organizacións públicas e privadas implicadas.
  • Máis de 15.000 participantes.
  • Alcance de máis de 1.000.000 de persoas a través de medios.

Se tes interese en participar, atoparás toda a información sobre a GEW 2022 e o listado de eventos previstos na seguinte ligazón:

https://www.genglobal.org/spain

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas