Fernando Soto, Mentor do Ano de Youth Business Spain

Fernando Soto, mentor habitual nos nosos programas de mentoring para autónomos e emprendedores acaba de ser nomeado, entre máis de 2.000 candidatos Mentor do Ano 2022 de Youth Business Spain e representará a España nos premios “Mellor Mentor do Ano 2022” no Cumio Mundial de Emprendemento Xuvenil de Youth Business International que terá lugar o vindeiro mes de outubro na Haia.

Fernando é un profesional galego con máis de 30 anos de experiencia no eido da dirección financiera e fundou Emprende Global un depacho adicado a consultoría e asesoría de empresas.

Desde o ano 2015 é voluntario no programa de mentoring de Youth Business Spain, de quen a Fundación Ronsel somos o socio en exclusividade para Galicia, que quixo premiar o seu compromiso e labor altruista compartindo a súa ampla experiencia cos xoves emprendedores.

O longo destes anos, Fernando ten mentorizado diversos proxectos liderados por xoves entre os que cabería destacar Flinq, unha empresa de enxeñaría e consultoría enerxética de A Coruña a que axudou a otimizar a súa estratexia financieira e a Rural o Urbano, unha tenda en liña de produtos gourmet de orixe galego ubicada en Paradela, un concello rural de Lugo a que acompañou nos seus inicios.

Na Fundación Ronsel temos en marcha diversos programas de apoio e acompañamento a autónomos e emprendedores. Se precisas apoio para lanzar ou consolidar o teu proxecto non dubides en contactar connosco.

¡Noraboa, Fernando!

Deixa un comentario