Actualidade · XV Edición dos Premios Ronsel celebrada en O Barco de Valdeorras

XV Edición Premios Ronsel celebrada en O Barco de Valdeorras

XV Edición dos Premios Ronsel celebrada en O Barco de Valdeorras

Realizar a entrega destes premios, cuxo obxectivo fundamental é recoñecer a importancia dos autónomos e autónomas para a economía galega así como seguir a impulsar a iniciativa emprendedora representa o noso agradecemento pola acollida e apoio recibidos nesta zona desde fai 3 anos.

O acto tivo lugar no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, localidade na que desde a Fundación Ronsel xestionamos un dos Polos de Emprendemento e Emprego da Xunta de Galicia, e contou coa presencia de Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social; Aurentino Alonso, alcalde da localidade e de Rosa Bouzas, directora do segmento pemes da Dirección Territorial Noroeste de BBVA.

Das máis de 300 microempresas e iniciativas de autoemprego de toda Galicia acompañadas pola Fundación Ronsel o longo deste ano seleccionáronse 10 finalistas entre os cales un xurado composto por representantes de institucións públicas e privadas vencelladas o emprendemento e o desenvolvemento económico escolleu os 3 ganadores.

A selección baseouse en criterios de impacto local, caracter tecnolóxico, sostibilidade, igualdade, conciliación e creación de emprego.

Ganadores dos XV Premios Ronsel

  1. PIEL NATURA. Proxecto de cosmética sólida ecolóxica e aromaterapia elaborada con activos botánicos de orixe galego promovido por Zaira Vidal e Juan Carlos Pastor, radicado en San Xoán de Río (Ourense).
  2. ELEFANTES ROSAS. Jessica Rodríguez e Nerea Menduíña lideran esta Sociedade Cooperativa Galega con sede en O Porriño adicada a ofrecer servizos de ocio, respiro/acompañamento familiar e intervención en contextos naturais para persoas con trastornos do desenvolvemento e familias.
  3. MADRE FARINA. Proxecto impulsado, entre outros, por Iván Novás adicado a la elaboración de pasta fresca artesanal con salsas tradicionais e ubicado no centro de A Coruña.

Estes premios contaron co patrocinio de BBVA e de Agora News e coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de la Xunta de Galicia.

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas