A Xunta, coa Fundación Ronsel, desenvolve na Cidade da Cultura unha xornada informativa baixo o lema “Galicia camiño emprendedor”

Achegar Galicia aos novos proxectos emprendedores e á innovación. Con este obxectivo, a Xunta, en colaboración coa Fundación Ronsel, desenvolveu na Cidade da Cultura unha xornada informativa baixo o lema Galicia camiño emprendedor.

Autónomos e mozos con espírito emprendedor tiveron unha cita para achegarse a diferentes experiencias e modelos de emprendemento moderno e sostible. A xornada contou coa presenza de expertos en diversos campos que están a expoñer as súas iniciativas, baseadas no talento e na innovación.

Podes atopar toda a información na web da CRTVG.

Deixa un comentario