O pasado 28 de xuño celebramos a entrega dos XIV Premios MOCE, promovidos pola Fundación Ronsel, patrocinados por BBVA e Quincemil e coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Un xurado composto por representantes de entidades públicas e privadas vencelladas o mundo do emprendemento, entre os que se encontraban Pablo Grandío, Director de Quincemil; Rosa Bouzas, directora do segmento pemes da Dirección Territorial Noroeste de BBVA e Marta Mariño, directora xeral de traballo autónomo e economía social, escolleu os 3 proxectos gañadores en base a criterios de:
- Impacto local.
- Caracter tecnolóxico.
- Sostibilidade
- Igualdade.
- Conciliación.
- Creación de emprego.
Gañadores dos XIV Premios MOCE
Os gañadores dos XIV Premios MOCE, escollidos entre 10 finalistas dos máis de 200 proxectos procedentes de toda Galicia atendidos pola Fundación Ronsel o longo deste ano, son:
- Luxit Drones (Pontevedra). Proxecto de orixe universitaria adicado a realización de espectáculos nocturnos de luces con drons, totalmente persoalizables de acordo as necesidades e gustos do cliente.
- Rígido Jewelry (A Coruña). Empresa de xoiaría artesanal que ofrece diseños únicos, modernos, sostibles e de caracter minimalistas prestando unha grande atención a durabilidade e a calidade dos materiais.
- Eco dos Teixos (Ourense). Proxecto ecoturístico co que se rehabilitou un edificio abandoado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) para convertelo nun albergue e centro de actividades coas que dinamizar a contorna.
Con estes premios queremos impulsar a actitude emprendedora apoiando e destacando a importancia dos autónomos e das pymes para a economía galega.