25 anos creando oportunidades en Galicia

Acompañamos ás persoas a descubrir o seu potencial, superar retos e construír unha Galicia máis próspera para todas, sen importar de onde veñen nin as dificultades que enfrontan.

Este é o propósito que nos guía.

Creatividad Fundación Ronsel

Fundación Ronsel

A nosa fórmula para facelo realidade

Apoio a emprendedores

Axudamos a transformar ideas en negocios sostibles que impulsen a economía local.

Orientación sociolaboral

Ofrecemos apoio integral a persoas en situación de vulnerabilidade para que recuperen a súa autonomía.

Innovamos desde a investigación

Creamos ou formamos parte de proxectos que contribúen ao avance tecnolóxico e económico de Galicia, posicionando a rexión como un referente en Europa.

Comunidade de crecemento persoal e profesional

Desde o ano 2000, impulsamos unha comunidade de crecemento persoal, profesional e empresarial.

Somos Fundación Ronsel
Somos Fundación Ronsel
Creatividad Fundación Ronsel

O equipo, a nosa forza motriz

Na Fundación Ronsel cremos firmemente no valor das persoas. O noso equipo está composto por:

"Cada membro de Ronsel comparte un soño común e dá sentido ao noso propósito. Aplicamos o traballo en rede desde o seo da nosa organización."

Rafa Vázquez | Coordinador da Fundación Ronsel e padroeiro

Excursión de emprendedores
Creatividad Fundación Ronsel

Traballo en rede

O liderado compartido é un piar clave da maneira en que entendemos a nosa labor. Cremos que as mellores solucións nacen da colaboración. Por iso, formamos parte de:

"En Ronsel, cremos que o impacto constrúese xuntos. A través de alianzas con organismos públicos e privados e da nosa presenza en eventos nacionais e internacionais, estamos contribuíndo ao desenvolvemento económico de Galicia."

Luis García | Director Xerente da Fundación Ronsel

Semicírculos blancos corporativos de Fundación Ronsel

Así avanzamos en Ronsel

Unha comunidade de coñecemento e crecemento persoal, profesional e empresarial.

Empatía

Escoitamos e acompañamos as persoas desde a súa autenticidade, poñéndonos no seu lugar e respectando as súas necesidades e circunstancias. Ofrecemos as ferramentas para que cada persoa poida construír o seu propio camiño.

Coherencia

Transparencia, sinceridade e honestidade en todas as nosas accións. Isto inclúe unha comunicación aberta sobre os nosos proxectos, financiamento e obxectivos.

Actitude emprendedora

A iniciativa, a resiliencia, a innovación e a toma de riscos forman parte do ADN da Fundación Ronsel. Fomentamos unha mentalidade emprendedora como unha maneira de afrontar os desafíos da vida e evolucionar persoal e profesionalmente. Esta actitude impulsa o noso espírito de superación.

Xuntos, abrimos o camiño cara a unha Galicia de oportunidades

Forma parte do cambio