Fai exactamente un ano, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, lanzábamos o Proxecto Piloto de Mentoring para Profesionais Autónomos.
O obxectivo deste proxecto era favorecer a consolidación empresarial, reducir riscos, contribuir a mellorar a área de xestión das empresas e incrementar os contactos profesionais das pemes e micropemes galegas.
Unha vez rematado o programa coa Consellería de Emprego e Igualdade e tras un intenso ano de traballo moi marcado pola incidencia do coronavirus na actividade económica, queremos presentar os resultados do devandito programa e a valoración que fan os usuarios do mesmo.
Os 220 autónomos participantes valoran moi positivamente o impacto que o Proxecto Piloto de Mentoring tivo nos seus negocios, sobre todo nas áreas de xestión, organización, vendas, planificación estratéxica e autoconfianza nun intre de grande incertidume.
Entre os datos máis relevantes compre destacas:
- O 91% dos participantes consideran que a súa empresa mellorou naquelas áreas nas que recibiron o apoio dun mentor.
- O 70% afirman ter tomado algunha decisión importante para o seu negocio desde o comezo do programa de mentoring.
- O 54% dos participantes viron incrementada a súa cifra de negocio.
- O 57% incrementaron a súa base de clientes.
- O 22% levou a cabo algunha contratación de persoal, ben en nómina ou ben coma colaborador, desde o comezo do proxecto.
- O 95% recomendarían a participación no programa a outros autónomos.
- O 94% gustaríalles seguir contando co apoio dun mentor.
En canto a aplicación da metodoloxía do mentoring experiencial e a relación cos seus mentores, as valoracións son as seguintes:
- O 63% dos participantes valoran coma moi axeitado o enfoque do programa e o 34% coma axeitado.
- O 50% consideran que foi de grande utilidade para consolidar o seu negocio e un 44% válorano coma útil.
- Un 92% afirma que o programa cumpliu de forma elevada as súas expectativas respecto do mesmo.
- Un 96% dos autónomos están satisfeitos coa asignación do seu mentor.
- A totalidade dos participantes valoran moi positivamete a relación establecida co seu mentor.
- En máis do 95% dos casos o mentor posuía a experiencia e habilidades precisas para axudar os autónomos.
- En canto o grado de cumprimento dos obxectivos propostos o inicio do programa, o 48% valórao coma moi bo e o 43% coma bo.
Podes consultar a opinión dalgúns dos participantes no Proxecto Piloto de Mentoring para Profesionais Autónomos na nosa canle de YouTube.
Nova edición do Programa de Mentoring para Autónomos
Acabamos de lanzar a segunda edición do programa. Se estás interesado en formar parte del atoparás toda a información, condicións de participación e o formulario de inscripción na nova sección da nosa web Programa de Mentoring.