Actualidade · Proxecto Piloto de Mentoring para Profesionais Autónomos

Proyecto Piloto de Mentoring para Profesionales Autónomos

Proxecto Piloto de Mentoring para Profesionais Autónomos

Os autónomos son parte fundamental do tecido produtivo de Galicia e un colectivo prioritario dada a súa importancia na creación de emprego e no crecemento económico da comunidade.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia promove en colaboración coa Fundación Ronsel o Proxecto Piloto de Mentoring para Profesionais Autónomos.

Obxectivos do programa

O programa axudará a 200 profesionais autónomos de Galicia a acadar os seguintes obxectivos xeráis:

  • Consolidar os seus negocios.
  • Reducir riscos na súa actividade profesional.
  • Mellorar a xestión.
  • Aumentar os contactos profesionais.

Entre as medidas tradicionais de apoio a este colectivo atópanse a formación, a capacitación e o financiamento.

Apoio a través do mentoring

Nesta ocasión, a Consellería de Economía, Emprego e Industria decidiu incorporar por primeira vez o mentoring, unha ferramenta coa que Fundación Ronsel foi pioneira e é referente en Galicia.

Trátase dun mentoring experiencial, unha metodoloxía desenvolvida ao longo dos últimos anos coa Rede de Youth Business Spain da que Fundación Ronsel é membro desde 2015 e cuxo obxectivo principal é a promoción do emprego e o apoio do emprendemento con principal foco no autoemprego e a creación de emprego.

Esta rede, que forma parte de Youth Business International (presente en 54 países), integra 13 comunidades autónomas e demostrou a efectividade do seu funcionamento como pode comprobarse no Informe de impacto del mentoring elaborado por PwC.

Esta metodoloxía de mentoring resulta especialmente axeitada para apoiar aos/as profesionais autónomos xa que lles proporciona a un profesional que os axuda a poñer foco real sobre a xestión, organización e planificación dos seus negocios, algo que adoita esquecerse ao estar centrados no seu intenso día a día.

Durante este programa piloto realizaranse varias etapas do Camiño de Santiago nas que mentores e autónomos camiñarán xuntos madurecendo o proxecto empresarial nunha contorna saudable, sen barreiras e moi diferente a cotiá.

Información e inscripcións

As inscripcións para o Proxecto Piloto de Mentoring para Profesionais Autónomos estarán abertas ata o 30 de abril ou ata esgotar as 200 prazas dispoñibles.

Atoparás toda a información na páxina Galicia Camiño Emprendedor.

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas