Por terceiro ano consecutivo pomos en marcha, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, unha nova edición do Programa de Mentoring Traballo Autónomo (PMTA) para axudar a 200 autónomos e autónomas na adaptación e transformación dos seus negocios.
Obxectivos do PMTA 2022
Coma nas anteriores edicións, o obxectivo do Programa de Mentoring Traballo Autónomo é reducir os riscos asociados a actividade empresarial de 200 profesionais autónomos acompañándoos na adaptación ou transformación dos seus negocios as necesidades do mercado e a situación actual favorecendo a súa consolidación empresarial.
Metodoloxía
Este programa baséase na metodoloxía do mentoring experiencial do que na Fundación Ronsel somos pioneiros e referentes en Galicia xa que a temos aplicado desde o ano 2015.
Cada participante contará co apoio dun mentor ou mentora especialmente escollido en base a súa experiencia e coñecemento e acorde as necesidades manifestadas polo profesional autónomo, a quen axudará a mellorar as distintas áreas da empresa promovendo a xeración de novos contactos profesionais e favorecendo a súa actividade económica.
O PMTA ten unha duración aproximada de 7 meses e inclúe un obradoiro de formación previo sobre o proceso de mentoring e os seus protocolos de actuación.
Requisitos de participación
- Estar dado de alta como traballador ou traballadora autónoma.
- Ter domicilio fiscal en Galicia.
- Inscribirse no PMTA de forma voluntaria dentro dos plazos fixados.
Asemade, daráselle prioridade os seguintes colectivos.
- Profesionais autónomos cunha antigüidade na súa actividade profesional superior os 42 meses.
- Autónomos que teñan recibido algunha axuda do Programa de Promoción de Emprego Autónomo ou do Plan de Fomento e Consolidación nas Pequenas Empresas de Nova Creación da Xunta de Galicia entre os anos 2017 e 2021, ámbolos dous incluídos.
Se estás interesado ou interesada en participar, atoparás toda a información e o formulario de inscrición na seguinte ligazón:
Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2022
As inscricións permanecerán abertas ata o día 22 de setembro de 2022. As plazas son limitadas.