Actualidade · Os XVI Premios Ronsel recoñecen o talento emprendedor nunha gala celebrada en Mos

Los XVI Premios Ronsel reconocen el talento emprendedor en una gala celebrada en Mos

Os XVI Premios Ronsel recoñecen o talento emprendedor nunha gala celebrada en Mos

O pasado 22 de outubro o Pazo de Mos (Pontevedra) acolleu a gala de entrega dos XVI Premios Ronsel, unha iniciativa que quere impulsar a actitude emprendedora e recoñecer a contribución das personas autónomas o desenvolvemento da economía galega.

O acto, que reuniu a máis de 150 persoas, contou coa presencia dos dez proxectos finalistas procedentes de distintos puntos de Galicia: Pianoma, Padyak Tiempo Libre, Studio 33, Disduperios, BePatagon, Cándido Carneiro Escultor, La Casa de Ana, Arestora, Horizonte Celta y CEAC – Centro de Envellecemento Activo e Comunitario.

Os finalistas tiveron a oportunidade de presentar as súas iniciativas ante o público e o xurado nun tempo máximo de 2 minutos. Tras escoitalos seleccionáronse os 3 proxectos premiados que recibiron respectivamente 1.000, 500 e 300 euros.

Gañadores dos XVI Premios Ronsel

1º Premio – Pianoma Music, promovido por Gema Arias Varela. Escola de música online que ofrece formación especializada a alumnos de todo o mundo.

2º Premio – CEAC – Centro de Envellecemento Activo e Comunitario, promovido por Sandre Lage Silva. Espazo situado na Cañiza que favorece a autonomía, a saúde, a aprendizaxe e a conexión social das persoas maiores.

3º Premio – Padyak Tiempo Libre, promovido por Martín Fernández Mera. Proxecto de turismo activo co que descubrir a Ribeira Sacra a través de actividades coma a vela, o paddle surf ou o kaiak.

A gala que contou coa presencia de Marta Vázquez Guzmán, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; Enrique de la Fuente Subiela, director da Zona Galicia Sur de BBVA; Alejandro Lorenzo Alonso, alcalde de O Porriño e de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos.

Este evento, patrocinado por BBVA e que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, reafirma o noso compromiso co emprendemento e o recoñecemento das personas que a través destes proxectos contribuen o desenvolvemento económico e social de Galicia.

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas

Galicia Camiño Emprendedor 2026

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Ronsel, impulsa unha nova edición de Galicia Camiño Emprendedor, un programa de mentoring dirixido a persoas emprendedoras que se desenvolve compartindo unha etapa do Camiño de

Ler máis