Emprendemento e orientación sociolaboral en Galicia
Abrimos o camiño cara unha Galicia de oportunidades
Únete á nosa comunidade de coñecemento e crecemento persoal, profesional e empresarial
A túa historia
comeza aquí
En Ronsel, cremos no poder das persoas. Cada historia que acompañamos ten forza propia. Como unha onda que leva o noso impacto máis alá, transformando vidas e comunidades.
Ti tamén podes formar parte deste cambio.
Como podemos axudarte?
Cambiamos o xeito de emprender
Coñecemento, apoio e comunidade para facer realidade o teu proxecto
“Levaba tres anos como autónoma, pero sentíame perdida e atrapada no meu traballo, con vendas escasas e sen unha estratexia clara. Grazas aos programas de Ronsel e ao asesoramento personalizado, aprendín a entender mellor o meu mercado, a organizarme e a comunicar o valor do meu traballo. Hoxe confío en min mesma, estou motivada e teño unha visión renovada para o futuro.”
Sarah Jane Borcuk Cardoso
Artesanía Enxebre de Valdeorras
Reduce a distancia cara ao teu futuro emprego
Orientación, formación e ferramentas para relanzar a túa vida persoal e profesional
“Pasei de sentirme perdida a definir os meus obxectivos e prioridades. Coñecer os meus dereitos e comprometerme en cada paso foi clave para avanzar. Destaco a humanidade e a profesionalidade do equipo de Ronsel.”
Alizon Martínez Trujillo
Camiñamos xuntos, pero ao teu ritmo
O noso acompañamento paso a paso
1. Escoitámoste
Cada historia é única. Comezamos por coñecer a túa.
2. Guiámoste
Deseñamos contigo un plan personalizado que responda ás túas metas.
3. Impulsámoste
Con ferramentas, coñecemento e unha comunidade para que avances cara os teus obxectivos.
25 anos xerando oportunidades en Galicia
recibiron apoio para a súa activación sociolaboral
crearon ou consolidaron os seus negocios
nos nosos programas de acompañamento
O día a día en Ronsel
Ser autónomo é unha das formas máis habituais de emprender, aínda que supón numerosos interrogantes e retos. Neste artigo, compartimos o noso coñecemento e experiencia apoiando a case 10.000 emprendedores. Imos!

Fundación Ronsel impulsa o impacto e a innovación social baseada en datos co apoio da Unión Europea
A nosa organización foi beneficiaria do programa Kit Espazo de Datos, unha iniciativa que impulsa a incorporación de organizacións aos Espazos de Datos sectoriais: ecosistemas de compartición de datos de maneira segura, ética, interoperable

Galicia Camiño Emprendedor 2026
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Ronsel, impulsa unha nova edición de Galicia Camiño Emprendedor, un programa de mentoring dirixido a persoas emprendedoras que se desenvolve compartindo unha etapa do Camiño de