A Fundación Ronsel, en colaboración co Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, organiza o I Concurso Iniciativa Emprendedora ActitudE, co obxecto de
premiar aquelas ideas e iniciativas surxidas do alumnado do Campus Industrial de Ferrol
e/ou doutros membros da comunidade universitaria vinculados a dito campus con
potencialidade de traducirse en proxectos empresariais ou que xa derivaran en
empresas de nova creación e apoiar a súa implantación facilitando o acceso a servizos
de mentoring.
Obxectivos
Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos principais:
- Potenciar a innovación a través da proposta de modelos de negocio que cubran
necesidades existentes no mercado. - Incrementar a visibilidade e posta en valor das diferentes iniciativas
emprendedoras que se presenten por parte do alumnado e da comunidade
universitaria cara a sociedade. - Potenciar o ecosistema emprendedor da universidade, conectando aos
participantes con redes de emprendedores e con entidades de soporte da
contorna, facilitando a conexión entre o mundo educativo e o profesional. - Facilitar un apoio inicial para o desenvolvemento de ideas en fase semente ou
en fases iniciais de desenvolvemento. - Visibilizar o emprendemento como unha posible saída profesional.
Destinatarios
Poderán participar no concurso:
- Alumnado de grao, mestrado ou doutoramento matriculado na actualidade en
titulacións do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña. - Persoas egresadas dalgunha titulación do Campus Industrial de Ferrol da UDC
nos últimos catro anos, contados dende a data de peche da convocatoria. - Outros membros da comunidade universitaria do Campus Industrial de Ferrol
da UDC
Para a participación no concurso é necesario ter un proxecto ou idea de emprendemento novidosa ou que cubra una necesidade de mercado.
No caso de empresas ou negocios xa constituídos, non poderán ter unha antigüidade
maior a 3 anos no mercado.
Poderase participar no concurso de xeito individual ou por equipos de ata 5 persoas.
Inscricións
O envío das propostas realizarase a través do seguinte formulario electrónico o que se deberá achegar a documentación detalladas nas bases do concurso.
Formulario de inscrición candidaturas I Concurso Iniciativa Emprendedora ActitudE
O período de inscrición estará aberto ata o domingo 27 de outubro as 23:59 h.
Premios
A persoa candidata ou o equipo gañador do concurso recibirá un premio cunha dotación
económica de 600€ a distribuir entre todos os integrantes do equipo, así coma unha
mentoría de 20h de duración para apoiar na maduración da idea de negocio e no
desenvolvemento do proxecto ganador proporcionada pola rede de mentores da
Fundación Ronsel.
Adicionalmente, otorgarase un accésit ao segundo equipo clasificado consistente nunha
mentoría de 8h de duración.
Ligazón as bases do I Concurso Iniciativa Emprendedora ActitudE.