A Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Ronsel, pomos en marcha una nova edición do programa Galicia Camiño Emprendedor, mentoría para persoas emprendedoras no Camiño de Santiago.
Este programa que vimos desenvolvendo desde 2017 y que nos levou a percorrer diversas etapas das diferentes rutas do Camiño de Santiago nas 4 provincias galegas, ten coma obxectivo mellorar os proxectos profesionais dos participantes, fortalecer a súa rede de contactos e difundir a boa práctica de tomar decisións camiñando, respaldada por diversos estudios científicos.
Obxectivos xerais
- Desenvolver cada etapa en dúas xornadas, utilizando e promocionando negocios de hostalaría e aloxamento que sirvan de exemplo pola súa vinculación ao Camiño de Santiago, pola singularidade do seu modelo de negocio, pola defensa das tradicións ou outras características de interese.
- Mentorizar a persoas emprendedoras, axudándoas a consolidar os seus proxectos empresariais e a xerar contactos de interese para atraer novas oportunidades.
- Practicar as relacións profesionais e fomentar as habilidades de comunicación e xeración de alianzas.
- Promover e dar a coñecer Galicia e o Camiño de Santiago dentro e fóra de España, empregando as distintas rutas recoñecidas oficialmente.
- Impulsar nas rutinas de traballo das persoas hábitos saudables, como facer exercicio ou o contacto coa natureza.
Obxectivos específicos
Cada etapa centrarase en 3 áreas de traballo especializado:
- Sustentabilidade. Cada participante deberá expoñer un exemplo sobre como aplica algún dos ODS na súa actividade profesional.
- Capacidade de relacionarse, practicando as competencias emprendedoras e creando unha rede de contactos.
- Mellora da xestión do tempo, tomando como referencia o que tiveron que planificar para poder participar neste programa.
Etapas de Galicia Camiño Emprendedor 2025
O longo deste ano levaremos a cabo 4 etapas cun máximo de 15 participantes en cada unha delas. 6 persoas emprendedoras, 6 mentores/as e 3 dinamizadores da Fundación Ronsel.
- 26 y 27 de xuño (Lugo). O Cebreiro – Triacastela – Sarria. Camiño Francés.
- 18 y 19 de setembro (Ourense). Xinzo de Limia – Allariz – A Ponte Noalla. Camiño Mozárabe o Vía da Prata.
- 6 y 7 de novembro (Pontevedra). A Guarda – Oia – Baiona. Camiño Portugués da Costa.
- 11 y 12 de decembro (A Coruña). Arzúa – Arca (O Pino) – Santiago de Compostela. Camiño Primitivo.
Inscríbete agora na Oficina Virtual do Autónomo da Xunta de Galicia.
Prazas muy limitadas.


