Actualidade · Galicia Camiño Emprendedor 2023. Mentoring para emprendedores no Camiño de Santiago

Galicia Camiño Emprendedor 2023, una nueva edición de nuestro programa de mentoring para emprendedores en el Camino de Santiago

Galicia Camiño Emprendedor 2023. Mentoring para emprendedores no Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia e a Fundación Ronsel pomos en marcha unha nova edición de Galicia Camiño Emprendedor, un programa de mentoring para persoas emprendedoras que se realiza compartindo unha etapa do Camiño de Santiago e coa que queremos impulsar os negocios dos participantes.

O obxectivo deste programa é apoiar a autónomos e emprendedores acompañándoos na consolidación dos seus negocios e axudalos a crear ou fortalecer unha sólida rede de contactos profesionais. O mesmo tempo, queremos posicionar Galicia e máis concretamente o Camiño de Santiago coma un destino non so de ocio senón tamén de actividade económica, promovendo a sostibilidade e o alineamento cos ODS.

Durante os meses que restan de 2023 realizaremos 4 etapas, unha en cada unha das provincias galegas, nas que os autónomos, emprendedores e empresarios que decidan participar poderán recibir acompañamento persoalizado en áreas específicas de traballo, xerar novas relacións profesionais, fomentar as habilidades de comunicación e establecer un plan de acción a curto prazo.

Se estás interesado en participar, atoparás toda a información e o formulario de inscripción na seguinte ligazón. Ten en conta que este ano as prazas son moi limitadas e que se asignarán por estrita orde de inscrición.

Galicia Camiño Emprendedor 2023

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas