Faz-te Forward é un proxecto que se ten desenvolto durante 10 anos na contorna metropolitana de Lisboa e Porto.
Participaron máis de 300 mozos e mozas dos cales o 90% desenvolveron competencias chave para mellorar a súa empregabilidade e o 60% incorporouse o mercado de traballo.
Tras os bos resultados obtidos decidiuse expandilo a rexión de Braga (Portugal) e a Galicia (España) e será obxecto de seguemento en Suecia para avaliar as posibilidades de reproducilo neste país.
Obxectivo
O obxectivo de Faz-Te Forward é mellorar a empregabilidade e a integración sociolaboral dos mozos “NEET”, aqueles que non seguen unha formación regrada nin están a traballar e/ou que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.
“Debemos de asegurarnos de que a mocidade esté preparada para prosperar e, o que é máis importante, para crear o tipo de futuro laboral que desexa”.
Foro Europeo da Xuventude, 2019
Metodoloxía
Para acadalo, Faz-Te Forward propón un programa intensivo e persoalizado que aposta polo desenvolvemento de competencias persoais e sociais chave a través de 3 ferramentas:
- Coaching
- Formación en habilidades transversais
- Mentoring
Entidades participantes
Para a posta en marcha do proxecto contarase co apoio e a colaboración de entidades de cada un dos páises participantes:
ENTIDADE COORDINADORA E IMPLEMENTADORA
TESE. ONG portuguesa adicada o desenvolvemento de solucións innovadoras e reproducibles para combater a pobreza e mellorar a calidade de vida das persoas. Leva traballando en proxectos para promover a empregabilidade da mocidade en Portugal desde 2008.
Contact: Vanessa Mendes (Project Coordinator):
v.mendes@tese.org.pt.
ENTIDADES SOCIAS
IEFP. Servizo público de emprego e formación profesional de Portugal.
FURUBODA. Escola secundaria e organización non gubernamental Sueca sen ánimo de lucro centrada en personas con problemas de saúde mental e discapacidade.
Fundación Ronsel. Entidade benéfico-docente española cuxo obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción sociolaboral das persoas.
Resultados esperados
A través de Faz-Te Forward espérase que os participantes, todos eles mozos e mozas de entre 18 e 29 anos procedentes de ámbitos rurais e urbáns, acaden os seguientes fitos:
- Desenvolver aquelas competencias transversais que faciliten a súa integración laboral (comunicación, intelixencia emocional, resolución de problemas, etc.).
- Mellorar a súa preparación para acceder a un traballo, a outras formacións ou estudios.
- Ampliar o coñecemento das áreas profesionais do seu interese e das necesidades e demandas do mercado laboral.
- Fortalecer a súa rede de contactos profesionais.
Este proxecto está financiado pola Comisión Europea | ESF+SI+Initiative+.