Cambiamos o xeito de emprender
Coñecemento, apoio e comunidade para facer realidade o teu proxecto
Por que emprender con Ronsel?
Sabemos que emprender é un camiño solitario, pero non ten por que ser así.
Fai match con Ronsel desde calquera lugar de Galicia e leva o teu emprendemento máis alá.
Coñecemento
Accede a ferramentas e recursos para impulsar a túa idea.
Apoio
Acompañámoste en cada paso para que superes os teus retos.
Comunidade
Forma parte dunha rede que comparte os teus valores e ambicións.
Os nosos programas de emprendemento
Galicia Camiño Emprendedor
Un programa único que combina mentoría, natureza e networking no Camiño de Santiago.
- Percorre diferentes etapas do Camiño xunto cun mentor ou mentora.
- Xera contactos profesionais mentres traballas na sustentabilidade do teu negocio aliñado cos ODS.
Avanzamos contigo, paso a paso, cara a un futuro cheo de oportunidades.
Programa cofinanciado pola Xunta de Galicia. Actualmente, inscricións pechadas.
Faro: programa de mentoring para consolidar o teu negocio
Para autónomos que buscan consolidar ou transformar o seu negocio.
- Mentorías personalizadas adaptadas ao teu modelo de negocio.
- Obradoiros de formación.
- Networking.
- Sesións individuais e grupais de benestar sociolaboral.
- Apoio en áreas específicas como xestión, márketing, vendas ou finanzas.
Comeza agora a reducir riscos e adapta o teu negocio ao mercado actual co acompañamento de persoas expertas en modelo de negocio, finanzas e comunicación, entre outras áreas.
Programa financiado pola Xunta de Galicia. Actualmente, inscricións pechadas.
Merlo: programa especializado para galegos retornados
Coa mesma metodoloxía de Faro, este programa está dirixido a persoas galegas que regresan á comunidade e desexan emprender. Ademais dos servizos anteriores, este programa conta con: nb
- Asesoramento práctico para facilitar a túa reintegración no mercado galego.
- Plan de acción para maximizar as túas oportunidades de éxito.
Emprender na túa terra nunca foi tan accesible.
Programa cofinanciado pola Xunta de Galicia. Inscríbete aquí.
Ao teu carón, nos Polos de O Barco e Porriño
O noso obxectivo é estar cada vez máis preto das persoas, especialmente no territorio rural. Por iso, atoparás o noso equipo nos Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia de Porriño (Pontevedra) e O Barco de Valdeorras (Ourense).
Achégate á túa oficina máis próxima e asesorarémoste en todo o necesario para que poñas en marcha o teu proxecto emprendedor.
Premios Ronsel de Emprendemento
Cada ano recoñecemos a importancia dos autónomos e das microempresas na economía de Galicia. Para iso, analizamos o impacto local, o carácter tecnolóxico, a sustentabilidade, a igualdade, a conciliación e a creación de emprego que achega cada un dos proxectos candidatos.
Se participaches nalgún dos nosos programas de emprendemento, chegou o momento de poñer en valor a túa contribución.
Estes premios están impulsados por Ronsel, contan co apoio do BBVA e a colaboración da Xunta de Galicia.
Estás pensando en emprender?
Contámosche todo o que debes ter en conta antes de darte de alta como autónomo. Unha guía paso a paso para que invistas o teu tempo no que realmente importa: a materialización da túa idea de negocio.
Historias que inspiran
Moi pronto: coliving rural de O Pincelo
Estamos a piques de abrir as portas dun novo espazo para promover o emprendemento no rural.
Un proxecto que desenvolveremos en O Pincelo, á beira do Miño, cos nosos compañeiros de camiño: Sacra Experience.
Competencias emprendedoras
Son habilidades clave para emprender con éxito: detectar oportunidades, asumir riscos, ser constante, fixar obxectivos, planificar, cumprir, informarse, confiar en un mesmo e crear redes de apoio. Estas competencias axudan a tomar decisións, adaptarse aos cambios e avanzar no ámbito empresarial.
Modelo 5VS de viabilidade
Avalía cinco áreas clave dun proxecto emprendedor: viabilidade técnica, comercial, económica, financeira e social. Axuda á persoa emprendedora a analizar se a idea é realizable, sustentable no tempo, ten mercado, recursos suficientes e un impacto positivo na sociedade.