Semicírculos blancos corporativos de Fundación Ronsel

Acorta a distancia cara ao teu futuro emprego

Que recuperar a túa vida e acadar os teus obxectivos non che leve máis tempo do necesario. Orientación, información e formación ao servizo da túa situación persoal e do teu benestar.

Creatividad Fundación Ronsel

Que facemos por ti?

Na Fundación Ronsel entendemos que cada historia é única. Se estás a atravesar unha situación difícil, non estás só/a.

O noso compromiso é axudarte a construír un futuro con oportunidades a través de:

Orientación e acompañamento social

Deseñamos contigo unha escaleira de prioridades que se adapta ás túas necesidades e circunstancias.

Asesoramento xurídico

Contamos con especialistas en estranxeiría para resolver as túas dúbidas legais.

Orientación laboral

Desde mellorar o teu CV ata deseñar itinerarios individualizados que che acheguen ao emprego.

Intermediación laboral

Conectámoste con empresas e ofertas laborais que encaixan contigo.

Formación e obradoiros grupais

Formación prelaboral, certificados de profesionalidade e espazos para xerar redes de apoio.

Semicírculos blancos corporativos de Fundación Ronsel

O teu benestar, no centro

Todas as persoas necesitamos acompañamento terapéutico ou emocional nalgún momento, especialmente se estás a atravesar un momento de cambio.

Por iso creamos unha área especializada en benestar sociolaboral.

O noso equipo de terapeutas especializados ofréceche apoio para xestionar as túas emocións e adquirir novas habilidades a través de sesións individuais e obradoiros grupais.

Camiñamos xuntos, pero ao teu ritmo

Plan Galego de Inclusión Social

Este programa axúdache a mellorar a túa empregabilidade e superar barreiras cara á inclusión social. Programa de inserción sociolaboral dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade, co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a cofinanciación de Fondos Europeos.

Camiño Migrante

Se tes unha idea de negocio e estás en situación de vulnerabilidade, acompañámoste en cada paso para facela realidade. Programa cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Xerentas

Un espazo dedicado a mulleres que queren transformar as súas ideas en proxectos sostibles. Programa cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Xuventude Activa

Para mozos e mozas menores de 30 anos: construímos xuntos un camiño cara ao emprego. Programa cofinanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Asesoramento enfocado ao autoemprego

Dirixido aos habitantes de diversos concellos de Galicia, guiándoos no seu proceso de inserción laboral, cun enfoque no autoemprego.

Axencia de colocación nº 1200000031

Traballamos desde o ano 2000 co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego. Inscríbete na nosa Axencia de Colocación. Envíanos o teu currículo, axudarémosche a atopar o traballo acorde á túa formación e experiencia. Se es unha empresa, tamén che podemos axudar. Sube aquí a túa oferta para atopar á persoa que estás a buscar.

Estás no estranxeiro e valoras a posibilidade de vir a Galicia?

Adelántate aos imprevistos e comeza a planificar hoxe os pasos que che levarán ao teu futuro. Contacta connosco e resolve todas as túas dúbidas antes de migrar.

Historias que inspiran

Creatividad Fundación Ronsel
“Pasei de sentirme perdida a definir os meus obxectivos e prioridades. Coñecer os meus dereitos e comprometerme en cada paso foi clave para avanzar. Destaco a humanidade e a profesionalidade do equipo de Ronsel.”
Alizon Martínez Trujillo
Creatividad Fundación Ronsel
“Os problemas de saúde obrigáronme a pechar o meu negocio como autónomo. No meu proceso de recuperación, a Fundación Ronsel foi un piar fundamental, tanto no apoio para solicitar axudas e realizar trámites como a nivel emocional. A calidade da atención, a preocupación e a súa capacidade de resolución marcaron a diferenza para min.”
Álvaro Rodrigo Rivas Zúñiga
Creatividad Fundación Ronsel
“Conseguir os papeis e un traballo era a miña maior preocupación. Grazas a Ronsel, hoxe teño ambas as cousas e a miña vida cambiou por completo. Son un equipo comprometido, que dá o mellor de si para axudar ás persoas con profesionalidade e amabilidade.”
Maissa Ngom
Creatividad Fundación Ronsel
“Antes de coñecer a Ronsel, a miña situación era desesperada. Valoro especialmente a calidade humana, a profesionalidade e a empatía coas que me apoiaron.”
Mariana Concepción Zaragozi Alcaraz

Ofrecémosche o noso apoio

Cremos en ti. Déixanos ser parte da túa historia.
Lémonos!