Actualidade · 25º aniversario da Fundación Ronsel

25º aniversario da Fundación Ronsel

O 18 de xullo do 2000 comezamos o noso camiño na Coruña. Hoxe, 25 anos despois e con presencia nas 4 provincias galegas seguimos a traballar cun propósito claro, acompañar as persoas para descubrir o seu potencial, superar retos e atopar o seu lugar no mercado laboral. Así, entre todos, construimos unha Galicia máis próspera en igualdade de oportunidades.

O longo destes anos temos apoiado, acompañado e axudado a máis de 25.000 persoas das cales máis de 10.000 recibiron apoio para a súa activación sociolaboral, 9.000 autónomos e emprendedores consolidaron os seus negocios e acadamos un 90% de éxito nos nosos programas de acompañamento persoalizado.

A base do noso éxito débese o traballo en rede e a estreita colaboración que mantemos con outras entidades, tanto públicas coma privadas, o que nos permite acadar un maior alcance, potenciar os recursos a disposición e, en definitiva, mellorar os nosos servizos e poñelos a disposición das persoas que máis os precisan.

Actualmente contamos con oficinas abertas nas 4 provincias galegas, tanto en contornas rurales coma urbanas. Podes atoparnos en:

  • A Coruña
  • Santiago de Compostela
  • O Porriño (Pontevedra) a través da Rede de Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia
  • O Barco de Valdeorras (Ourense) a través da Rede de Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia
  • Chantada (Lugo) no coliving rural de O Pincelo

A nosa aposta pola mellora da empregabilidade e o fomento do autoemprego mantense firme e anímanos a continuar ofrecendo recursos e información obxectiva, realista e gratuita as persoas coas que traballamos, sen xerar dependencia e fomentando sempre a súa autonomía e capacidade de decisión.

Traballamos na mellora da súa situación sociolaboral e na adquisición de novas competencias profesionais, cunha especial incidencia nos colectivos en risco de exclusión, mulleres, mocidade, poboación migrante, persoas en situación de desemprego de longa duración e galegos retornados.

Nun día tan especial coma este queremos reforzar o noso compromiso co emprendemento e a inserción sociolaboral en Galicia e asegurarvos que o mellor está por chegar.

Novas experiencias, novas oportunidades… ¡e moito por compartir!

Grazas pola vosa confianza, grazas por ser parte da Fundación Ronsel.

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas

Galicia Camiño Emprendedor 2026

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Ronsel, impulsa unha nova edición de Galicia Camiño Emprendedor, un programa de mentoring dirixido a persoas emprendedoras que se desenvolve compartindo unha etapa do Camiño de

Ler máis