Actualidade · Galicia Camiño Emprendedor #12Etapas12Retos

Galicia Camiño Emprendedor #12Etapas12Retos

En colaboración ca Xunta de Galicia presentamos unha nova edición de Galicia Camiño Emprendedor, un proxecto que comezou no 2017 e que ten coma obxectivo impulsar proxectos empresariais a través do mentoring no Camiño de Santiago.

Coma nas anteriores edicións, o obxectivo deste programa é apoiar a profesionais autónomos e empresarios acompañándoos na consolidación e mellora dos seus negocios a vez que promocionamos Galicia e o Camiño de Santiago coma destino de ocio e actividade económica.

Este ano, coma novidade e baixo o lema #12Etapas12Retos, promoverase a sostibilidade e a igualdade de oportunidades vencellando os obxectivos de cada un dos participantes cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e tentando que integren canto menos un nos seus obxectivos empresariais.

O longo deste programa, os participantes poderán mellorar os seus proxectos empresariais, xerar novos contactos profesionais, avaliar o seu modelo de negocio e elaborar un plan de acción acompañados por un mentor que se adaptará a súa situación e necesidades concretas.

As etapas de #12Etapas12Retos, nas que esperamos que participen unhas 200 persoas, recorrerán todas as rutas oficiais do Camiño de Santiago e pasarán polas 4 provincias galegas polo que esperamos que supoñan un grande impulso o talento, o emprego, o turismo e a cultura de Galicia.

Atoparás toda a información das etapas que faremos o longo deste ano e as condicións de participación na seguinte ligazón:

https://oficinadoautonomo.gal/es/programa-12etapas12retos

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas

Galicia Camiño Emprendedor 2025

A Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Ronsel, pomos en marcha una nova edición do programa Galicia Camiño Emprendedor, mentoría para persoas emprendedoras no Camiño de Santiago. Este programa que vimos desenvolvendo desde 2017 y

Ler máis