Actualidade · 1 ano de traballo desde a Área de Benestar Sociolaboral da Fundación Ronsel

1 ano de traballo desde a Área de Benestar Sociolaboral da Fundación Ronsel

Hoxe cúmplese 1 ano desde a posta en marcha da nosa Área de Benestar Sociolaboral e Saúde Comunitaria, un espazo que, de modo transversal, da sostén individual os nosos usuarios a través dun acompañamento multidisciplinar.

Poñendo sempre a persoa no centro, entendemos a necesidade de ofrecer un acompañamento integral. Percibimos que o importante era crear un foro interdisciplinar que hilvanase as distintas capas que interpelan o ser humán e que afloran nos diferentes procesos que desde a Fundación Ronsel asesoramos.

Así se xestou esta nova área, concebida para promover tanto o apoio e o acompañamento emocional persoalizado coma a prevención e a formación sobre autocuidado e benestar.

A Fundación Ronsel ven sendo punta de lanza en diferentes eidos o longo destes 25 anos, a creación desta área é polo tanto dar un paso máis na innovación e na calidade asistencial.

¿Cómo o facemos?

A misión e os valores da Fundación Ronsel céntranse no empoderamento das persoas e desde a Área de Benestar Sociolaboral e Saúde Comunitaria facilitámolo a través de:

  • Formación grupal específica
  • Conversas e obradoiros sobre autocuidado e autocoñecemento
  • Ferramentas prácticas para afrontar as dificultades as que se enfrontan as personas nos distintos procesos que comparten connosco
  • Actividades de formación e prevención
  • Información sobre hábitos de vida saudables
  • Apoio e acompañamento emocional individualizado

Con todo isto, queremos continuar aportando o noso gran de area a mellora da saúde individual e a dos grupos que conforman a nosa comunidade, porque coidar as persoas é coidar tamén o tecido social que nos une.

Deixa un comentario

Máis artigos sobre Novas